Web para a promoción da cultura musical galega
(vieiros)
Este domingo 21 de xaneiro comeza o prestixioso Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical, o MIDEM, e Galiza meterá por vez primeira un pé neste escenario clave para o futuro da industria musical do país. Galician Tunes é o nome desta aposta pioneira pola internacionalización da nosa industria cultural.
Con ese obxectivo o proxecto vai apoiado dunha web para a promoción da cultura musical galega e con repaso de información sobre a historia musical do país. Da Banda de Poi a Zënzar, pasando por Siniestro Total ou Dios Ke te Crew, a web ofrece tamén unha selección de temas de grupos galegos.
A iniciativa foi presentada este venres en Compostela pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Lois Bará, e viaxará a fin de semana a Cannes nunha inédita oportunidade para que Galiza "venda" a súa música a nivel internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario